Xa non lembro dende cando, pero é unha constante que se repite no tempo. Os demos da UPG, partido comunista marxista-leninista na teoria, algo menos na practica, ainda que internamente sigue a funcionar o centralismo democratico que Marx i Engels plantexaron no seculo XIX, e que Lenin levou a practica no XX.
Cecais sexan verbas que a moitos lles asustaron durante anos e anos de dictadura franquista e a outros, coa chegada da democracia burguesa,lles sigue a soar como cousa do diaño,como si os comunistas ainda levaran cola e foran vestidos de vermello e con cornos.
Pois a praxis de un partido comunista é a que é; o mesmo que a de outros partidos que se din "democraticos" e que escollen ós seus candidatos a DEDO, eso si,co beneplacito de banqueiros, empresarios,xornalistas,cregos, e demais calaña que impon o que debemos de ser, o que debemos pensar, o que debemos facer...incluso o que debemos soñar.
A imaxe que a UPG tén cara ó exterior é a de dez ou quince persoas sentadas arredor de unha mesa onde se decide o futuro do nacionalismo, o futuro do BNG, o futuro de Galicia, e incluso o futuro das xeneracións vindeiras....dez ou quince persoas en contubernio, en continua manipulación dos feitos e da realidade, en orquestrar campañas para rematar coa actual "democracia"; esas dez ou quince persoas maquinan dia si e dia tamén para desacreditar os seus compañeiros de organización, do partido; dez ou quince persoas que so se adican a eso:ao Partido, as vintecatro horas do día, sete dias a seman, 365 dias ao ano, viven por e para o Partido, non teñen outra cousa en mente...
Dende o ano 1977 so escoito que toda a culpa é da UPG. Sexa o que sexa a UPG é culpabel. Cando as cousas van ben dentro do nacionalismo galego, sempre é debido a persoas alleas a UPG; cando as cousas pintan mal,,,é cousa da UPG.
Non sei si hoxe os militantes da UPG serán entre 1.500 e 2.000. Sexa o número que sexa nunca tan poucos mandaron en tantos. Si 2000 militantes son capaces de arrastrar tras de si a toda unha organización frentista chea de partidos , correntes, e grupos sin filiación propia, de un movemento que tén como base eleitoral entre 100.000 e 150.000 persoas, algo haberá para que sexa de ese xeito.
A UPG, nunca negou nin renegou da sua ideoloxia marxista. Sempre se declarou comunista; pero antes que todo eso, tén unha definión por enriba dela: NACIONALISTA. e si foi quén de construir unha praxis que misture amba-las duas, non sei a que ven toda a merda que se lle bota enriba.
E quero deixalo claro: eu non son nin militante nin afiliado a UPG. E mais, unha vez abandonei o partido por propia vontade e outra mais fun expulsado del polas miñas actitudes e criticas. Pero eso non siñifica que solo teña puntos negativos, e mais despois de ver o que se está a mover no BNG.
Esta é a miña primeira entrada no blog. Tentarei mantelo ao día o maximo posible si é que podo. Tentarei traer aqueles temas que son punto de inflexion dentro do nacionalismo galego.Non son amigo de boas palabras, nin florituras literarias; non estou no meollo interno dos lideres do BNG; a miña postura é a postura da miña organización como simple afiliado do BNG, sen partido, sen corrente; teño a miña propia forma de pensar, de vivir e de opinar; tamén a de escribir; non entrarei nunca en porque emprego unha forma ortografica ou outra; escribo como eu mesmo aprendin, sen cursos, sen galego na escola.
Non serei complecente nin coa UPG nin con niguén cando sexa necesario; pero si serei inflexible con aqueles que dende dentro (ou fora) do BNG intentan destruilo por calquer forma. En eso serei contundente.
Sem comentários:
Enviar um comentário