segunda-feira, 20 de setembro de 2010

"A NOSA TERRA"...CADA VEZ MENOS NOSA

Alguns o esperabamos dende un tempo, pero a meirande parte da xente colleunos por sorpresa o anuncio de primeiros de mes da desaparición de "A Nosa Terra".
Non ven a nada agora facer unha historia da publicación posta na rúa polas "Irmandades da Fala" ala a principios do seculo XX; coido que todos coñecemos mais ou menos esa historia recente; quen mais quen menos daqueles que no 77 estabamos relacionados co BN-PG, tanto na UPG como na AN-PG sabemos dos esforzos feitos por moita xente por ter un medio de comunicación propio na nosa lingua e achegado ao nacionalismo; non se ocultaba para nada a sua orixe e a sua postura; con aqueles primeiros números da sua segunda época descubrimos unha chea de chanchullos, posturas politicas oportunistas, denuncias que non terian eco de non ser polo semanario...ademais de ser un medio de comunicación moi aceptable para o que existia daquela e os poucos cuartos dispoñibles. "A Nosa Terra" tiña o seu lugar entre os gastos fixos de cada un de nós cada semana. Esperabamos cada sete días para saber as novas que nos ia deparar; para saber as convocatorias polo país adiante que en ela tiñan reflexo; era un mais de nós; formaba parte da nosa vida.
Pero xa ao pouco de sair de forma semanal empezamos a albiscar que podia haber problemas na sua continuidade; a publicidade éra escasa, caseque testimonial; as grandes empresas "galegas" non querian saber nada do semanario; os poucos anuncios que aparecian éran mais por simpatia que por outra cousa; ofrecer un semanario completamente en galego para a publicidade éra cousa de tolos; os subscriptores mantiñan as mais das veces con adiantos de cuartos o mantemento do xornal; ...e despois tamén os xuices meteron man ; si a esto lle engadimos a falla dunha imprensa propia e que o semanario daba tumbos cada pouco para poder sair a rúa, chagamos a conclusión de que so se poderia manter polo animo e a axuda de unhos poucos.
"A Nosa Terra" sempre foi vilipendiada dende todos os angulos: dende a dereita española mais reaccionaria; dende o pseudo-galeguismo centrista ou socialista, dende o nacionalismo posibilista daqueles anos...todos o calificaban de unha publicación partidista...como si os xornais que se publicaban e publican hoxe en día non o foran.
Pero o triste da sua desaparición,coido eu, é que os galegos non sexamos capaces de manter un medio de comunicación propio, para nós; non é de recibo botarlle a culpa ao PP da desaparición de "A Nosa Terra", que pode ter a sua parte; pero falamos de algo moi serio: si un movemento nacionalista como é o BNG, con unha base (grande ou cativa, non entremos en eso) xa non eleitoral, senon de opinión cara a sociedade, non é capaz de manter un medio de comunicación a él achegado...pois eso, que algo esta a fallar entre nós.
Hoxe non falamos de catro chalados que se botan a aventura de publicar un semanario cada sete días; falamos de un país que é incapaz de telo de seu; falamos de moitos "falabaratos" incapaces de gastarse 2 euros cada semana en un xornal dos nosos; mercamos "La Voz de Galicia", "Faro de Vigo" e calquera outro xornal todos os dias e rexeitamos facelo en algo que cada un de nós deberia ter como unha obriga; gustaranos ou non o contido; sempre fomos moi "tiquismiquis" co noso e non tanto co dos demais; por eso, si un país como Galiza non é capaz de ter "A Nosa Terra" cada semana na rúa que non me veñan con debates de renovación, con novos camiños do nacionalismo, con esquerdismos infantis ou calquera outra trapallada que so fan agochar algo que sempre criticamos dos demais: o autoodio do galego sobre o seu tamén se reflicte no nacionalismo; por eso non lle botemos as culpas os demais, botemoslla a nós mesmos, a todos sen exclusión porque todos somos responsabeis de que "A Nosa Terra" cada vez sexa menos nosa.

Sem comentários:

Enviar um comentário