Pois si, xa éra tempo de retomar o blog. Mais de un ano despois da derradeira entrada teño para min que xa vai tempo de poñerse mans a obra. Por unhas cousas ou outras, vaise deixando un e non hai un intre para escriber unha ringleira.
Pero agora haino que facer, hai que expoñer o que está a pasar diante do que vai a acontecer na XIII Asamblea Nacional do BNG.
As cartas estan enrriba da mesa. Cada un expuxo a súa estratexia, fixo os seus movementos; programas e documentos a disposición da militancia; discusión nas respectivas Asembleas Comarcais....e para remate o xogo de alianzas. Todo está xa decidido. Din que esta será a Asemblea mais importante na historia do BNG. Cecais sexa á mais importante polo de agora; pero ben seguro que haberá outras que a superen no futuro. Porque acredito que o BNG tén futuro. A pesar de todos os atrancos, o BNG tén futuro.
Por unha banda Mais Galiza enrocase co Encontro Irmandiño. Documento de sintese das dúas posturas e lista única para o Consello Nacional.
De outra banda, a UPG e a súa Alternativa pola Unidade. Tamén Documento e lista para a Asemblea.
Tamén o Movemento Galego ó Socialismo presenta Documento de Traballo e lista.
Alguns din que o encontro de trens vai ser definitivo. Algúns din que van a Asemblea con a súa Preconfiguración in mente.Outros din que si o BNG non cambia que se van. Outros din que seran xenerosos si gañan. Outros din que está todo por ver e discutir.
Unhos poñen nomes a todo.Recuperan persoas e "renovan".
E a todo esto, de Galiza que? Solo a queremos para utilizar o seu nome, as grandes verbas?
Coido que hai mais que nos une que o que nos separa.pero o acordo non é posible. Hai moitas sensibilidades feridas dende hai tempo, e esto non pode seguir asi.Temos que ir a un encontro de debate, de discusión, de fortalecemento do noso campo de xogo.Con respecto, por suposto; podemos ser compañeiros que non sexamos capaces de ter unha verba amable con eles, pero o respecto o noso país debe de primar diante de calisquer consideración.Si non é asi, non hai saida.
Moitos estan esperando por unha ruptura, por unha escisión. E a cousa debe de estar moi apretada porque todos estan movendo os seus simpatizantes en todas as direccións. Falase xa de mais de 5.000 persoas que van participar no encontro.Nas súas mans esta o futuro do noso país, da nosa NACION con maiusculas, que moitas veces esquencemos que somos unha gran Nación negada pola historia.E coido que por hai é por onde teñen que ir os tiros, as decisións. Por reafirmarnos no que nos da o nome, NACIONALISTAS E DE ESQUERDAS.Non podemos ser un apendice do Psoe. O noso enemigo esta esperando a gran debacle do nacionalismo. Non lle deamos mais armas das que xa tén. Sexamos responsables diante do noso país.Gañe o que gañe, o dia seguinte todos a apoiar o que decida a maioria, e si hai integración de TODOS, mellor que mellor; pero si non é posible TODOS a acatar o que nos impon a maioria.Polo ben de GALICIA, polo ben da nosa Patria.
Ou xa esquencemos que o noso maior deber está con Ela?
Forza, saude...e adiante co BNG.
