Xa fai días que pasou a festa, pero o rebumbio segue a ser diario. Arredor do BNG estan a pasar cousas que moitos non acreditariamos senon fose que as vivimos en vivo i en directo.
Vaise conformar un BNG arredor da UPG, os restos de Mais Galiza, o MGS e mais os independentes non adscritos a ningunha das correntes que fican. Cecais sexa o intre de que estes Independentes (entre os que me incluio) sexan quen de conformar toda a forza que atesouran dentro do BNG. Moitos deles apoiaron a APU na Asemblea de Amio e deron pulo dende fora da UPG as teses que foron refrendadas polo 70% dos votantes en dita Asemblea. Os Independentes son atacados con mais saña ainda que a propia UPG: escoitase que son asalariados do Partido Comunista; lambecús de non sei quen; que deben os favores á UPG por mantelos no seu choio en troques do seu apoio incondicional...auntenticas barbaridades que non serian merecentes dunha ringleira senon for pola mala baba que transmiten.
Parece que se quer transmitir a imaxe de que ser asalariado do BNG é un choio vitalicio con dereito para os seus descentes incluso; con un xornal estratosferico e cargo de funcionario vitalicio nas sedes do BNG, CIG, A Mesa..etc.Pois a min gostaria de saber a que lle chaman choio algúns destes que agora se van do BNG. Coido que un salario de 1200 €, impostos incluido, non é a solución que moitos desexan para si mesmos. E poño esta cifra por poñer algo sen saber si en moitos casos se chega a esa cantidade. Pero si que sei que en moitos casos que se lle ofreceu un posto de traballo a xente do BNG para traballar como asalariado dentro da organización foi rexeitado pola escasez de xornal ós que algúns aspiraban. Que non era para tirar foguetes, vamos...
E dentro de estes "funcionarios" sei que hai xente de todas as correntes do BNG, incluidos moitos dos que xa marcharon. Pero o caso e apuntar a aqueles que estan comprometidos con unha causa que a alguns lles ven grande. Agora escoitamos falar de que a nosa deriva é soberanista e de esquerdas: ¡¡¡manda truco, meu!!!. Volven tirar contra nós por ser quen manter unhos ideais dende fai mais de trinta anos. Pero acaso o BNG foi de dereitas algunha vez? Acaso se creou un sindicato de clase para defender ós oligarcas? Acaso ser comunista, ainda que sexa por livre, volve estar no punto de mira de aqueles que solo crean confusión arredor dun proxecto nacionalista e de esquerdas? Acaso non sabian onde se metian aqueles que agora veñen chorimecando de que "me queren converter en comunista".
Hai que escoitar de todo estos dias. A toleria e a paranoia chega o extremo de intoxicar ( si, digo ben INTOXICAR) a aqueles mais flebes ideoloxicamente con contos de vellas luminarias onde cabe de todo. Teño escoitado:"a min non me quixeron na UPG porque a miña nai éra de Madrid"..asi, e fican tan tranquilos; pero o mal está feito.
"Sempre falades en galego e asi non hai xeito de que a xente se achegue a nós". Pois nada, teremos que facer un esforzo e poñernos as clases de inglés que é o que se leva agora.....Que non me fodan con trangalladas que solo firen os oidos. E non se trata de ser puros como ainda se atreven a arremeter contra os que ficamos no BNG. Pero hai algo que se chama IDEOLOXIA, cousa que moitos esquenceron por mor dun posto institucional e que se sempre se arrimaron as beiras do poder. E aqui xa sei que hai de todo como en botica e que ninguen se libra de dar un mal paso. E o caso do Ex-Conselleiro Fernando Blanco, actualmente imputado na Campion. Si chega o caso e se demostra a súa culpabilidade, duro con el e con todos os que esten metidos no asunto. Pero sen esquencer que ninguen está livre de sospeita en certos casos. Pero a cousa é disparar, mostrar a diana do obxetivo, calumniar e despois agochar a man.
Pois seremos menos agora despois da marcha de algúns escapularios que pescudan unha nova carreira politica por outros barrios. Pero seremos NOS mesmos, cos mesmos obxertivos estratexicos que fai 30 anos e seguiremos ese camiño que nos xungue ó país.Que nos leve mais tempo? Quen dixo que o camiño éra doado? Pero en eso seguimos.
No pais que nos tocou a vivir,Galiza, sempre hai un responsable de que todo vaia de mal en peor. Non é nin o PP, nin o PSOE,nin Fraga, nin Feijoo.Para todos, uncluido boa parte do BNG, o unico responsable é a UPG. É isto certo? Ou acocha algo mais que debilidade politica o que hai por detras? Dende aqui,sen militancia politica na UPG pora miña parte, tentarei aclarar, si dou, o que hai detras de esta pantasma que recorre Galiza dende fai mais de 30 anos.
quarta-feira, 14 de março de 2012
terça-feira, 21 de fevereiro de 2012
E AGORA, CONTACONTOS: 3364
Parece como si houbera unha tregua nos últimos días despois do estoupido de opinions creados a partires da XIII AN do BNG. Agora toca debullar o que está a pasar e acontecer no eido nacionalista.
Nestes días de fragor e loita mediatica e internautica, moitas foron as voces chamando a cordura polas duas bandas. Nos xornais, veña dia si e dia tamén , ofrecendo novas (caseque todas interesadas) de que éra unha loita fraticida na que non había mais que perdedores. En este caso podemos estar de acordo; o malo é cando se quer ser parte para destruir todo.
Na rede de internet, a cousa é mais difusa, xa que por aqui pululamos xente de toda caste; persoal anonimo que cecais nun "face to face" non foramos quen nin de dar a hora, non nos foramos trabucar de agulla.
De todos os xeitos, na rede de redes podese coller de aqui e de acola opinions para todos os gustos. Aparte os insultos e malas formas en boa parte do que di o persoal (realmente da noxo moitas veces leer o que din uns e outros no anonimato), quedariame con tres feitos nos que agroman alguns dos eixes fundamentais que estes dias pululan pola Rede.
1.-PARTIDO NACIONALISTA DE CENTRO.
Unha teima que aparece a cotian nas opinions de moitos internautas. necesitase un partido nacionalista que acolla dende o centr-dereita ata o centro-esquerda. Moitas veces toman coma referencia o caso de COALICION GALEGA, como si este partido houbera representado no seu tempo o que seria unha referencia NACIONALISTA seria. Hai que lembrar que CG nasceu dos restos do naufraxio de UCD (que moito de nacionalista non tiña, ou?), que a este proxeto unironse dende vellos nacionalistas (os menos, como Pousa Antelo) do P. Paleguista, ata liberais como Meilan Gil , Garcia Agudin, e unha chea de "independentes" con un catalizador común: Euloxio Gomez Franqueira.Con unha rede cliantelar e caciquil en Ourense e Lugo, CG non foi quen de erixirse estratexicamente como Nacionalista de orientación, ainda que for centrista, xa que a formulación que sempre tivo en mente éra a recurrente cantinela de "O mellor para Galicia, sen esquencer que estamos en España". Cecais esta indefinición e mais o papel xogado na moción de censura contra Albor no 87, fixo que dous anos despois CG case desaparecera do mapa politico galego. Caseque todos os dirixentes remataron no PP anos despois; algúns marcharon para a casa e outros poucos entraron no BNG da man do PNG.
Existe sitio para un partido centrista na Galiza? Coido que coa estructura social existente no noso país, é algo abocado o fracaso. Por unha banda, a conciencia Nacional no país é feble de por si mesma.A pequena burguesia galega é caseque inexistente, e ademais perfectamente representada no PP nas súas ansias de medre economico e social.O galeguismo cultural sigue a estar representado "oficialmente" no PP, ofrecendo a esta caste todo o que ela necesita.Non existe no noso país quen sexa capaz de poñer en marcha un proxecto mediatico nidiamente NACIONALISTA, día a día, creando opinión nacionalista en esa masa que se agocha debaixo do exposto moitas veces por Fraga: "Galicia, si; pero primeiro España". Non hai mais que ir pola rúa: as camisetas de "Soy español" , "A por ellos...", "La Roja", nikis coa bandeira española no pescozo; carros coa mesma bandeira....son detalles que nun país con unha forte presencia de conciencia nacional, non ocurren ...nin se lle ocurre.
Asi que si siguen teimando por ese camiño da creacion de un partido nacionalista de centro, ojalla este trabucado, pero coido que non hai moito que andar.
2.-SIMBOLOS NACIONAIS.
Aqui si que levei unha sorpresa. Nunca pensei que esto ocurriria no BNG, ou en calquera organización nacionalista que se preze de seu.
Moitos dos internautas da rede, reclaman que desapareza da bandeira do BNG, "a estrela vermella comunista"........manda carallooooooooooo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. A estrela vermella, como saben caseque todo o mundo, representa a loita de liberación dos pobos oprimidos, e non é nigún simbolo comunista. Xa o PP tentou prohibir que a bandeira galega non tivera ningún simbolo nela, pero recuou. Outra cousa e que a nivel oficial (por exemplo no despacho dun alcalde do BNG) este a bandeira galega sen ningun simbolo, obviamente.
Tamén se teñen escoitado voces reclamando que a defensa do galego é unha loita inutil e que incluso se deberian de facer declaracións públicas en español para non dar unha imaxe tan radical do BNG.
Frases, como " a nosa Comunidade Autonoma"..."España, o noso pais, ainda que eu son galego"..., ou casos como "O Psoe é o menos malo para España, e vou votalo ainda que son nacionalista"...salen das bocas de moitos compañeiros "nacionalistas" do BNG. Co que nos costou apropiarnos de un vocabulario propiamente NACIONALISTA para distinguirnos do galeguismo cultureta, agora veñen os aproveitados de sempre a dar leccións. Esto seguramente proven de cando se abriu a porta a entrada masiva de afiliados en canto se albiscaba unha posición de Poder na Xunta de Galiza, e seguramente o prezo que teñamos que pagar a ese "descuido".
3.-A XUNTA PERDEUSE EN FERROL. 3364.
Esta é unha das frases mais recurrentes nos derradeiros días para pasarlle polos fuciños á UPG o seu "papel" no conflicto de REGANOSA.Postura que algún día a U terá que explicar os porques e os comos para tomar unha decisión que provocou posturas enfrontadas e malestar nunha ampla capa da militancia do BNG.
Tomando como referencia os datos das eleccións do ano 2009, a meirande parte das posturas criticas e incluso non tan criticas, veñen a incidir que a baixada de votos en Ferrolterra, posibilitou a perda de un deputado e asimenso a Xunta de Galiza. I é curioso, porque moitos dos que asi falan, botan en cara ese feito cando eles mesmos non votaron ó BNG, abstendose ou votando nulo.
Ven, imos por partes.Coido que non foi en A Coruña (que si se perdeu un deputado) onde se perderon as Eleccións. Na provincia de A Coruña perderonse en relación ó ano 2005 32.495 votos, repartidos por todo ese territorio de forma mais ou menos homoxenea.En ese ano fora a única provincia onde se acadara un quinto deputado, sendo Pontevedra catro, e as duas do interior 2 en cada unha delas.
Sabendo que xa a baixada eleitoral viña de lonxe (en concreto do 97 ó 2001, en A Coruña, perderanse 49.000 votos en eses catro anos), ainda que coa esperanza que siñificaba o feito de estar co-dirixindo a Xunta, podiase albiscar o mantemento do 5º deputado si as cousas foran a ben. Pero non se contou con a campaña mais suxa por parte dos medios de comunicación e forzas facticas economicas interesadas en trocar o rumbo da Xunta de Galiza. Asi, todo facia presaxiar que a cousa estaba moi axustada.pero eses 32500 votos foi a esfarelamento que rematou con todo.
Non foi asi en Ourense, onde o BNG mantivo caseque todo o seu potencial eleitoral incluso con unha abstención que baixou do 30%. En Ourense confluiron varias cuestions que fixeron trocar o rumbo da Historia de Galiza.
A mala imaxe dada polos concelleiros nacionalistas na capital; primeiro a dimisión de quen foi o seu cabeza de lista (mal visto en xeral na cidade pola súa prepotencia) e despois de novo a demisión de dous concelleiros mais por mor do asunto dos cartazes, expuxo a imaxe do BNG a piques de deixalo fora de xogo. Si a este lle unimos a campaña desenrolada contra SEAGA ( da Conselleria de Medio Rural) no que estaban implicados afiliados e militantes daquela no BNG, xa tiñamos a excusa perfecta para non VOTAR ó BNG. Campaña que foi amplamente acrecentada tanto nos medios de comunicación como no boca a boca particular dos quintacolumnistas da organización. Si a esto lle engadimos a campaña de "Galiza non se Vende" e algunha outra mais que solo facia un "totum revolutum", chegamos a idea de que todo o traballo organizativo desenrolado no rural ourensan, e na que tivo un destacado papel o Quin, foise ó carallo.
A pesares de todo esto, en Ourense facian falla 3364 votos para acadar o terceiro deputado e asi compensar á perda do de Coruña.3364.Moitos terán que explicalo cando agora se laian de que o PP gañara as eleccions dese ano. 3364 repito...que estaban na man sinon for por aqueles que lle botaron lume a todo ó traballo feito nos derradeiros catro anos.3364...unha cifra que algúns non esquenceremos nunca.

domingo, 19 de fevereiro de 2012
PASADO BNG? PASADO NACIONALISTA?
Tal e coma ia a cousa, cumplironse as previsións. Unha parte do BNG rachou. Outra parte fica nel. Está por ver que decide a parte de Mais Galiza, ainda que se albisca outra rachadura dentro del.
Asi, conformarase , por unha banda, un BNG menguado, e outra formación que está nestes intres conformando a súa composición. Ainda non se sabe moi ben (coido incluso que nin eles o saben) en que vai dar ese novo "Proxecto Comun". O que si está claro é que a forza mais representativa do campo nacionalista ficou esfarellado. Algúns consideran que habia que facer unha limpa dentro del; outros pode que comunguen con esa idea para ter un campo propio de xogo, pero o mal está feito; e coido que para uns e outros non é desexable unha situación como a actual.
Hai que resituarse unha decada case para ollar á evolución do BNG para chegar ó punto no que estamos.
En eses dez anos, a organización pasou estar estructurada internamente en partidos e independentes de variada ideoloxiaó que hoxe coñeciamos como "correntes" dentro do BNG. Eis cecais o punto de confrontamento que deu pé a rachadura actual.Con un "equilibrio" partidario respectuoso co esquema que se adaptou no 82 en Riazor, o BNG foi quen de alcanzar altas cotas de representación institucional e mirarse como alternativa cara unha sociedade que facia de seu esa conformación social.
Con unha cabeza visible e mediatica como Beiras xogando o papel que el mesmo se impoñia dentro do BNG, e unha "cociña" onde se pergeñaban as recetas estratexicas que marcaban o rumbo do BNG (papel da UPG nunca recoñecido, a non ser solo a parte negativa), o nacionalismo pudo xogar a ser "alguen" na Galiza, a catalizar unha parte da sociedade, a mais dinamica, que se miraba no espello de esa forza nacionalista, de esquerdas, que chegou a ser a segunda forza no país i encarar o futuro para converterse nunha opción de poder serio e real.
Unha organización de este tipo , sen medios de comunicación afins; sen unha pequena burguesia na que soster a súa ideoloxia (cousa que moitas veces esquencemos cando se reclama un partido de centro nacionalista poñendo ó ollo en Catalunya ou Euskal Herria)...ata onde podia chegar o BNG?
Nunca o saberemos.Que pasou polo medio para chegar ó de hoxe? Cecais o saibamos mais adiante, en moitos anos, cando se abran as fiestras de aqueles que estiveron no allo e conten o que hoxe non contan.
Polo medio, Beiras deixou de ser a cara visible para pasar a un segundo plano, nun movemento estratexico con vistas ó asalto futuro do goberno da Xunta.Asi como no Psoe, abriase o camiño para que o compoñente mas españolista ficara lonxe das tomas de decision do partido,no BNG tomaba forza a figura de Quintana para pilotar o Goberno da Xunta. Non sei si se botaran as contas ben dentro do BNG, e se pensaba que con este xiro podiase repetir os resultados do ano 2001 ( e decir, que o BNg seria a segunda forza por diante do Psoe) e asi chegar en posicions de forza para facerse coa titularidade da Presidencia da Xunta. O Psoe xa tiña decidido que unha alianza co BNG con Beiras ó frente da Xunta éra inasumible para eles; incluso Quintana éra para alguns dos sectores vazquistas do Psoe unha figura da que non se fiaban. Mendez Romeu chegou a declarar en campaña que non visualizaban esa posibilidade a non ser que o Psoe fora o buque que capitaneara ese traxecto.
Ao mesmo tempo, dentro do BNG converxian novos afiliados e militantes que chegaban ó mesmo polo cheiro do poder e a moqueta. As mobilizacions do Prestige e a guerra do Irak albiscaban un cambio na Xunta e a ese tufo abriuse é porta a xente que facia do seu galeguismo á tarxeta de presentación para entrar no BNG.
Beiras, Quintana e Paco Rodriguez miranse de reollo coma artifices da xogada. A confianza entre eles perdiase cada día que pasaba.Quintana, con unha solida formación politica e coñecedor a fondo da internia do BNG, chegará a ser unha referencia na que se podia afianzar a base do BNG despois do camiño esgotado por Beiras. Quintana éra "independente" dentro do BNG, polo cal podía aglutinar todo o polo de non adscritos dende o centro-galeguismo do PNG ata a confluencia de sectores mais a esquerda da organización. Eis a xenesis da actual Mais Galiza. Quin necesitaba un apoio "organico" dentro do BNG para non depender ao 100% da UPG e contrarrestar a influencia desta.Deses intres ven o que se chamou a "ruptura" do "Clan de Allariz", conformado por Paco Garcia, Alfredo Suarez Canal e mais o propio Quintana.
O feito de que Quin quixera ir por "livre" ( é decir, situarse fora da influencia , primeiro de Beiras, e despois da UPG) fixo que chegara a confluencia con aqueles sectores mais socialdemocratas do BNG, ainda que a UPG confiaba de ser quen de controlar a situación.
Resultou, para min, clarificador que o BNG no 2005 presentara a Quintana como cabeza de cartel, xa que os resultados, con importante baixada eleitoral a pesar do Prestige e a guerra de Irak, fixo que o BNG entrara no Goberno da Xunta da man de Quin. Imposible seria si fora Beiras o que xogara ese papel. Alguen nos seus miolos pensa que Beiras seria Vicepresidente da Xunta con Touriño ao frente? . Beiras non é quen de ser segundo de a bordo con ninguen; vai na súa persoa, e iso é algo que non se pode remediar.
O que pasou a posteriori é por todos coñecido. Ainda que o ocurrido no interior do BNG está por escribir por non ter toda a información. Alguen terá que facelo no futuro.

domingo, 12 de fevereiro de 2012
XA ESTA BOTADA...E NON É SORTE
Antes que nada, indicar que houbo moito rebumbio por mor deste blogue, sen que eu quixera ser en ningun intre protagonista del. Parece ser que unha reseña en un dos xornais dixitais orixinou varias liortas , tendo coma protagonistas a quen fixo a encomenda e outros varios que pensaron que éra eu o autor do mesmo.
Podo acreditar que este blogue é da miña autoria persoal e de ninguen mais (xa vedes, a propiedade privada ainda aniña no subsconciente de moitos de nós, dito esto coa propia retranca que nos é propia dos galegos) que eu; é unha paxina a que non lle prestei moito tempo por mor mesmamente do traballo cotian que me ten enchufado de mais; pero agora coido que paga a pena prestarlle mais atención.Ademais, que é algo que desexo gardar para o futuro, sen ningun afan de protagonismo. Si fora ó contrario xa o teria recomendado por aca e acola, cousa que nunca fixen.
E agora si, agora entramos no que se está a cocer no que coñecemos ainda como BNG. Fago esta entrada poucas horas antes de que se celebre a Asemblea Extraordinaria do Encontro Irmandiño onde se vai tomar a decisión de apartarse do actual BNG. Non sei si estarei trabucado ou non encol do resultado que ali se vai a dar, pero despois de ver o que se está a dar nos días posteriores a XIII Asemblea do BNG, coido que a marcha dos Irmandiños está cantada. Xa antes tomaron posicións persoeiros a nivel particular (Taboas; Bouza, Senra...) e tamén outros colectivos como Esquerda Nacionalista ( da que eu pensaba que xa estaba finiquitada fai tempo), ou o PNG. Os movementos non sei si foron coordinados ou non, mais o que si parece é que todo esto está a meter presión os de Mais Galiza no canto da celebración do seu Congreso do mes de Marzo, onde tamén se debatirá si saen ou non.
O que está claro é que o BNG que fique non vai ser o BNG que sempre coñecimos. Seguramente dentro del queden a UPG, os independentes que á apoian, o MGS, independentes que sempre estiveron na Fronte e vellos militantes que veñen da antiga AN-PG que sempre estiveron ahí.
Os que quedan, tamén quedan co nome. Por certo, quen ia decir no ano 1982 que a estas alturas todo o mundo reinvidique as siglas do BNG? Algúns ainda lembramos que o nome escollido na Asemblea de Riazor, mosqueaba a moitos dos que se incorporaron ao proxecto, por mor do antigo nome de Bloque Nacional-Popular Galego. E agora todos o queren para si. Cousas da Historia, coido.
De outra banda, serán capaces os que abandonan de crear unha nova organización, disque unitaria, para tentar estar na convocatoria das vindeiras eleccions autonomicas? Parece ser que moitos pensan que é moi doado poñer en marcha tal cousa; e cecais sexa certo si o que tentan é aproveitar as sinerxias propias de cadaquen, tal operación teria como resultado a fragmentación en dous do voto nacionalista ata o de agora monopolizado polo BNG; os resultados non estarian nada claros, ainda que dende o Encontro Irmandiño se repita por activa e pasiva que eles son capaces de atraer a milleiros de descontentos coa practica dos ultimos anos do BNG.
Pero non se trata solo de poñer uns cartaces con unha bonita foto i esperar resultados. A cousa é mais complicada do que parez. Compren cartos para ese cartaces (e quen di cartaces estoume referindo a toda a infraestructura capaz de poñer en marcha o tinglado). De onde van sair? Dos militantes e afiliados? eso non dá nin para un posto de pipas; de todos os xeitos a fragmentación do voto afectaria a uns e outros.
Cecais o BNG for quen de chegar aos 6-7 Deputados, e os novos mais ou menos o mesmo. Pero aqui entran en xogo mais cousas: acabase de publicar a Reforma Laboral do PP, cousa que lle vai pasar factura; Feijoo está queimado por todas partes a pesares de conseguir que non se aprecie desgaste na sua xestion, mais que nada pola incapacidade do BNG e do PSOE de facelo visualizar nestes intres...
Mais o que parece moi sinxelo con vistas as Autonomicas ( a victoria por goleada do PP na Galiza),parece que empeza a trastocar o escenario galego.
Oin unha nova sorprendente o xoves nunha emisora de radio: según unha enquisa do propio PP, este e nestes intres, tén perdida a maioria absoluta na Galiza. Parece ser que a cousa está nos 36-37 escanos para ó PP. Non se falaba para nada dos escanos do Psoe e o Bng; pero si que a día de hoxe, entrarian EU e UPyD no Parlamento Galego. Será un inquerito interesado? Porque Feijoo non convoca eleccións agora mesmo antes de que a Reforma Laboral lle pase factura? Porque non o fai cando os partidos da oposición estan engrellados na renovación interna, e sobretodo no Bng ainda está a cousa sen clarificar?
Si é certo o do inquerito, cecais Feijoo se tivera que botar nos brazos de UPyD (con un deputado podia facer majas), pero estes tampouco se fian moito do Feijoo, e non sei si este estaria disposto a pasar polo aro; sobretodo si sabe que entre Psoe, Bng, os novos que entraran ex-Bng e mais EU non haberia ( o meu entender) disposición para un Cuatripartito capaces de poñerse de acordo. Por suposto dou por feito que o BNG non deberia entrar en esas compoñendas e facer politica de oposición clara ó PP. Feijoo estaria na corda frouxa dia si e dia tamén. E o BNG con unha estratexia tendente a defender claramente os intereses das clases mais desfavorecidas pola crise e pola Reforma laboral, de xeito contudente e a cara de can como xa teño dito, podiase conformar como o marco referencial e alternativo á situación actual.
Si esto o remarcamos con unha campaña a medio prazo que lle fixera tomar a iniciativa en temas tan fragantes como e o das Deputacións, a cousa cambiaria sustancialmente para o futuro.
Refirome a poñer encima da mesa a desaparición das Deputacions. Un tema candente en estes intres que tanto o PP como o Psoe non son capaces de resolver coa crise que soportamos no lombo.
Esixir a desaparición das Deputacións como iniciativa politica; ademais foi algo que sempre o BNG levou no seu programa. Para iso faria falla que todos os Deputados Provincias do BNG dimitiran dos seus postos, deixaran de cobrar por eso, evidentemente, e facelo visualizar na rúa con concentracións periodicas e mediaticas. Haberia tempo ata ó Outono para poñelo en marcha.
Seria ironico por outra banda, que agora cando o BNG se enfronta a unha crise como nunca tal tivo, apreciara a experiencia do Bipartito para decir NON a entrar en un novo Goberno Autonomico, mentres os que se van hoxe quedarian na tesitura de que facer, xa que moitos deles estarian encantados con esa posibilidade....pero de seguro que de non ser asi, lle botarian a culpa, como non a UPG.

sexta-feira, 10 de fevereiro de 2012
HAI QUE VOLVER A VISTA ATRAS?
Din algúns que calisquer tempo pasado foi mellor. E algo no que en moitos intres da vida de cadaquen tentamos recuperar aqueles bons momentos que temos vivido en compaña dos nosos compañeiros, familia,amigos...e case sempre , despois de lembrar eses momentos, engadimos: "...si soubera o que hoxe sei".
É un camiño doado á recuperación do que fomos en comparanza co que somos hoxe.Pero tamén é certo que despois decatamonos de que esa "recuperación" é algo imposible.
Ven todo esto a conto, con algunhas das cousas que estamos a ver despois da celebración da AN do BNG de Amio. En esa mesma Asemblea, escoitei a Xose Manuel Beiras algunhas cousas que o meu corpo non deu , ainda hoxe, acougado.
"Eu, co meu coche, teño feito 80.000 Kms en un ano percorrendo o país para atopar xente que esperaba por nós para poñer en marcha ó BNG en cada localidade"..."sen cobrar un can e poñendo cartos no peto"..........(corrixo o escrito antes en este paragrafo, xa que a pesares de habelo escoitado "en vivo", agora non acredito no video que vin o reflexado antes aqui) e pido perdon si a alguen lle molestou.
Son entrecomillados que eu tamén podia lembrar, xa non no ano 1982, senon unhos antes, no 76-77-78...cando como AN-PG percorriamos (non eu solo nin moito menos, xa que habia moitos compañeiros que facian o mesmo) día a día ós lugares, aldeas e parroquias de todo ó pais para atoparnos con aqueles que estaban dispostos a poñer ó seu gran de area na construcción do país.De casa en casa, de corte en corte ata ó mellor as doce ou a unha da noite escoitando as inquedanzas, recelos e medos de cada lugar.Asi se foi forxando a forza das Comisións Labregas, logo de recoller a testemuña de aqueles precursores dos CALL ( Comites de Axuda a Loita Labrega). Eramos da AN-PG e da UPG...nunca cobramos un can, nin nunca se nos pasou polo maxin pedilo nin esixilo; entre todos poñiamos para a gasolina, o xantar; percurabamos un carro onde fose sabendo que tiñamos que devolvelo nas mesmas condicións que o colleremos de prestado; cada un poñia o que podía, sen preguntas; sen receos. Asi faciamos Kms e Kms , coa ilusión de estar sendo protagonistas de algo novo, de transmitir as inquedanzas que levabamos dentro de nós a outras persoas que estaban na busca de unha nova forma de loitar e de vivir pola dignidade de un país.
Foron moitos os que ficaron no camiño. Alguns, sobretodo ós mais vellos, foronse apartando por causas bioloxicas, pero sabendo que sempre estarian con nós.Outros, un accidente polo camiño, truncou as súas vidas; a represión tamén facia das súas, e moitos aguantaron ata onde poideron....i entre nós nunca vin unha mala palabra, unha mala ollada...sempre cara adiante, sen importar si eramos marxista-leninistas, troskistas ou maoistas...sinxelamente eramos NACIONALISTAS a pé de obra.E todo de forma colectiva, en grupo, entre todos...
E agora ven o Beiras a mostrar os seus meritos diante de moitos que nos deixamos parte da nosa vida en facer o mesmo que el reivindica, pero eso si, con moitos menos medios.Que doado é facer 80.000 kms no teu coche e con un soldo de deputado ou de catedratico.Eso fagoo eu hoxe tamén no meu coche, pero sen ter por detras un xornal fixo...é o que tén ser autonomo, que te xogas cada día a vida na estrada sen saber si chegarás a fin de mes para manter á familia.
Lembras Xose Manuel as marchas de Xove, Baldaio, As Encrobas...a campaña contra a Cuota Empresarial?? Ali estivemos moitos de nós, aforrando para pagar o bus cada domingo que habia unha reivindicación no país...asi nos chamban "O Circo": cada semana nun lugar diferente.
Pero Xose Manuel sempre antepon o "EU" ao "NOS".El é o puro, o que sempre estivo en primeira liña, cando os demais estabamos a botar a siesta. Incluso cando se trata das feroces campañas da dereita contra o BNG, Xose Manuel tén que lembrarnos que a campaña mediatica contra o Bipartito, ainda sendo suxa según el, non tén nada que ver coa que tivo que aturar el cando éra a cabeza visible do BNG.O seguinte texto está recollido de un artigo de Xose Manuel publicado en "Galicia Hoxe" e que leva por titulo "Pois Non":
"Só outra pequena mostra: o lerio da "campaña sucia". Claro que o foi: suxa, porca, porcallenta, fedorenta -acabo de referirme a ela sen denominala así. Mais dicir que foi a máis "sucia" que se recorda revela unha amnesia incomprensíbel. Porque o BNG leva padecido campañas porcallentas da dereita fascistizante ao longo dos anos oitenta completos e boa parte dos noventa. Falsidades pezoñentas, acusacións aldraxentas, descualificacións atroces. Queimabamos os montes, iamos expropiarlles as terras e até as vacas aos labregos, eramos secuaces de ETA, foramos ás eleicións europeas con HB e así seguido: dende Augusto Assía e Victoria Armesto, primeiro, até Rajoy e Fraga despois, guindábannos todos iles e moitos máis esas infames patrañas sen que ninguén as desmentise, sen que ningún "medio" nin ningunha voz pública tivese a decencia de saírlles ao paso -polo contra, retransmitíanas impertérritos. Fraga chegou a dicir do Beiras que confiaba en que os galegos non puxesen os seus destinos nas mans dun tolo, e as súas pezoñentas palabras foron titulares".
Pois ben , todo o que explica Xose Manuel, agás o de Fraga (con quen por certo, hai que lembrar que estivo a cear en varias ocasions, ocasionando un barullo que todos lembramos), foi utilizado polo enemigo, de certo que si; pero non foi nos anos 80 e parte dos 90 como indica el. A cousa xa viña dos anos 70, en concreto do 77 e 78 cando se empezaba a visibilizar a AN-PG na sociedade e na rúa.Sobre todo lembro o verán do 78 cando cada día eramos os que queimabamos os montes, e seguiamos a ter relacións, xa non con Herri Batasuna, senon con ETA.Eramos o demo con cornos e rabo todos os días na prensa. E por suposto que lle queriamos quitar as vacas os paisanos..e as terras...porque os comunistas estabamos detras de todo aquelo.Mirade agora quenes foron os comunistas que deixaron sen vacas os nosos labregos: a Union Europea na sua facciona mais terrorifica que poideramos imaxinar. Pero coma dixen mais arriba, esto non pasou como o conta Xose Manuel; non foron aqueles anos; daquela esa campaña contra a AN-PG, fixo que nos mostraramos mais fortes ainda; de tal xeito que lembro que unha delegación (coido que da UPG) presentouse na redacción central de La Coz de Galicia esixindo que se retractase de toda acusación de queimar o monte, ou senon que presentase as probas no Xulgado.Era o ano 77 coido, e naquela delegación non estaba Xose Manuel.
E por suposto, despois de pasar aqueles anos, para min ver a campaña suxa do 2009 contra o BNG non tén nin comparación coa daqueles anos;por moito que queiramos convencer os demais de que "Eu estiven ali".
É o que tén a "amnesia incomprensible".
Sen resquemos ningún, pero coa verdade por diante.

domingo, 5 de fevereiro de 2012
E AGORA QUE?
Pois pasou a XIII Asemblea Nacional do BNG, e dias despois ainda non se pousou o que ali se decideu.
Supoño que todos saberedes xa os resultados do que ali aconteceu. Moitos afiliados e militantes pasaron dous dias analizando, discutindo e debatendo as propostas para o futuro que o BNG tén que ser quen de levar adiante.
Como resumo, podemos decir por unha banda que houbo moita participación dos militantes cando se tratou de escoller os nomes de quen seran o Voceiro Nacional e o candidato a Xunta de Galiza; moita menos cando se trataba de debater os documentos base que rexiran os vindeiros anos do BNG.Duas propostas e tres forzas polo medio. Os resultados dos documentos aprobados chegan caseque a un 70% de votos afirmativos; pola contra as forzas medironse ó final coas duas votacións nas que entraban os nomes.Pouca diferencia entre uns e outros, precisando unha segunda volta cando se tratou de escoller entre Guillerme e Xose Manuel.
24 postos no Consello Nacional para APU; 23 para +Galiza e o Encontro Irmandiño; 3 para o MGS.
7 postos na Executiva para APU e +Galiza-EI; 1 para o MGS.
Os números reflexan a división que se produxo entre as forzas representadas dentro do BNG.Agora queda o mais dificil: facer compaxinar esa diversidade coa unidade interna do BNG. Coido que para o BNG foi o mellor que lle pudo pasar. Xa sabemos as forzas de cada un; sabemos o que representan internamente cada quen; e de ahí tén que sair a forza necesaria par que todos dirixamos o barco a boas augas, non para facelo encallar.A suma poda dar mais forzas o total de todos. A resta vai deixar un regueiro de cadavres na cuneta que seran irrecuperabeis.50-50, eis a forza conxunta do BNG; moito mellor que 70-30, onde seguramente ninguen estaria disposto a ceder do seu, for quen for.
Da Asemblea sae un Consello Nacional e unha Executiva xa de por si integradora.Estan todas as sensibilidades representadas, como tén que ser.Ahí, volvo remarcalo, está a forza do BNG.
Dos documentos aprobados suliñar a estratexia futura da organización para o futuro. O rumbo vai ser outro; non pode ser de outro xeito despois de que a militancia falara; Cecais, e algúns non se decataron desto, sexa unha volta as orixenes do BNG, da famosa Asemblea de Riazor do 82 que tanto Xose Manuel reclamou en esta Asemblea.Porque o BNG cando naceu fixo conhas marcas propias dentro do panorama politico galego daquela. Foi un proxecto NACIONALISTA e de ESQUERDAS claro na súa fundación; aberto a todas as confluencias que tiñan un denominador común naquel tempo.Autodeterminación e defensa das capas populares galegas, eis os fundamentos da orixe do BNG. E eso hoxe podese recuperar cos documentos aprobados na XIII Asemblea.
Pasaron os tempos dos posibilismos e a inanición de unha organización aberta a todos, que deu pé a que no seu interior se discutise moito e se fixera menos; algúns pensaron nun determinado intre que todo estaba feito cando o BNG se converteu na segunda forza de Galiza; que os votos seguirian a ser mais cada vez e que para eso cumpria "abrirse" mais á sociedade galega; para iso éra necesario darlle mais cancha no terreo de xogo ó marco autonomico que xa estaba esfarellado daquela, que non habia por onde collelo; para eso cumpria "abrazar" e "cear" con quen daquela éra o Presidente da Xunta, que por certo "ia queimalo en seis meses"no ano 89... e asi iase esvaindo a idea orixinaria do BNG e dando entrada a toda unha chea de persoaxes sen ideoloxia Nacional nin de País. Xente que agora, neste intre, pide que se quite da bandeira da nosa organización a "estrela comunista"?.
Temos unha eiva evidente no noso país: a falla de conciencia nacional por grande parte do noso povo; a colonización economica, social e cultural imposta dende a metropoli , encuberta sutilmente por unha "presunta" libertade de mercado, a globalización imposta a nivel internacional polo liberalismo economico...e todas as receitas coas que temos que tragar fai que a mensaxe liberadora con unha optica nacional fique esvaída naquelas capas a quen a nosa idea nacioanl vai dirixida.
Temos moito traballo por diante; e mais que teremos todos os dias con que nos ven enrriba por mor das politicas de recurte e axuste que a Unión Europea demanda a todos os seus socios. O choque é inevitable entre unha clase dirixente en mans das grandes transaccionais e os novos "zares" dos mercados e unhas clases populares constantemente agredidas nos seus intereses. Ahi é onde o BNG tén o seu espazo; agudizando esas contradiccions no seu das clases dirixentes e poñendo en pé solucións e o enfrontamento a "cara de can" na defensa do noso país e as clases populares. A historia vainolo reclamar no futuro, e ali teremos que estar, todos XUNTOS nos que acreditamos nas nosas ideas. Si alguen se baixa do carro, teremos un problema evidente, pero tamén a historia llo reclamará no seu intre.

quarta-feira, 25 de janeiro de 2012
Xa éra hora
Pois si, xa éra tempo de retomar o blog. Mais de un ano despois da derradeira entrada teño para min que xa vai tempo de poñerse mans a obra. Por unhas cousas ou outras, vaise deixando un e non hai un intre para escriber unha ringleira.
Pero agora haino que facer, hai que expoñer o que está a pasar diante do que vai a acontecer na XIII Asamblea Nacional do BNG.
As cartas estan enrriba da mesa. Cada un expuxo a súa estratexia, fixo os seus movementos; programas e documentos a disposición da militancia; discusión nas respectivas Asembleas Comarcais....e para remate o xogo de alianzas. Todo está xa decidido. Din que esta será a Asemblea mais importante na historia do BNG. Cecais sexa á mais importante polo de agora; pero ben seguro que haberá outras que a superen no futuro. Porque acredito que o BNG tén futuro. A pesar de todos os atrancos, o BNG tén futuro.
Por unha banda Mais Galiza enrocase co Encontro Irmandiño. Documento de sintese das dúas posturas e lista única para o Consello Nacional.
De outra banda, a UPG e a súa Alternativa pola Unidade. Tamén Documento e lista para a Asemblea.
Tamén o Movemento Galego ó Socialismo presenta Documento de Traballo e lista.
Alguns din que o encontro de trens vai ser definitivo. Algúns din que van a Asemblea con a súa Preconfiguración in mente.Outros din que si o BNG non cambia que se van. Outros din que seran xenerosos si gañan. Outros din que está todo por ver e discutir.
Unhos poñen nomes a todo.Recuperan persoas e "renovan".
E a todo esto, de Galiza que? Solo a queremos para utilizar o seu nome, as grandes verbas?
Coido que hai mais que nos une que o que nos separa.pero o acordo non é posible. Hai moitas sensibilidades feridas dende hai tempo, e esto non pode seguir asi.Temos que ir a un encontro de debate, de discusión, de fortalecemento do noso campo de xogo.Con respecto, por suposto; podemos ser compañeiros que non sexamos capaces de ter unha verba amable con eles, pero o respecto o noso país debe de primar diante de calisquer consideración.Si non é asi, non hai saida.
Moitos estan esperando por unha ruptura, por unha escisión. E a cousa debe de estar moi apretada porque todos estan movendo os seus simpatizantes en todas as direccións. Falase xa de mais de 5.000 persoas que van participar no encontro.Nas súas mans esta o futuro do noso país, da nosa NACION con maiusculas, que moitas veces esquencemos que somos unha gran Nación negada pola historia.E coido que por hai é por onde teñen que ir os tiros, as decisións. Por reafirmarnos no que nos da o nome, NACIONALISTAS E DE ESQUERDAS.Non podemos ser un apendice do Psoe. O noso enemigo esta esperando a gran debacle do nacionalismo. Non lle deamos mais armas das que xa tén. Sexamos responsables diante do noso país.Gañe o que gañe, o dia seguinte todos a apoiar o que decida a maioria, e si hai integración de TODOS, mellor que mellor; pero si non é posible TODOS a acatar o que nos impon a maioria.Polo ben de GALICIA, polo ben da nosa Patria.
Ou xa esquencemos que o noso maior deber está con Ela?
Forza, saude...e adiante co BNG.

Subscrever:
Mensagens (Atom)