quarta-feira, 14 de março de 2012

XA PASOU O ENTROIDO

Xa fai días que pasou a festa, pero o rebumbio segue a ser diario. Arredor do BNG estan a pasar cousas que moitos non acreditariamos senon fose que as vivimos en vivo i en directo.
Vaise conformar un BNG arredor da UPG, os restos de Mais Galiza, o MGS e mais os independentes non adscritos a ningunha das correntes que fican. Cecais sexa o intre de que estes Independentes (entre os que me incluio) sexan quen de conformar toda a forza que atesouran dentro do BNG. Moitos deles apoiaron a APU na Asemblea de Amio e deron pulo dende fora da UPG as teses que foron refrendadas polo 70% dos votantes en dita Asemblea. Os Independentes son atacados con mais saña ainda que a propia UPG: escoitase que son asalariados do Partido Comunista; lambecús de non sei quen; que deben os favores á UPG por mantelos no seu choio en troques do seu apoio incondicional...auntenticas barbaridades que non serian merecentes dunha ringleira senon for pola mala baba que transmiten.
Parece que se quer transmitir a imaxe de que ser asalariado do BNG é un choio vitalicio con dereito para os seus descentes incluso; con un xornal estratosferico e cargo de funcionario vitalicio nas sedes do BNG, CIG, A Mesa..etc.Pois a min gostaria de saber a que lle chaman choio algúns destes que agora se van do BNG. Coido que un salario de 1200 €, impostos incluido, non é a solución que moitos desexan para si mesmos. E poño esta cifra por poñer algo sen saber si en moitos casos se chega a esa cantidade. Pero si que sei que en moitos casos que se lle ofreceu un posto de traballo a xente do BNG para traballar como asalariado dentro da organización foi rexeitado pola escasez de xornal ós que algúns aspiraban. Que non era para tirar foguetes, vamos...
E dentro de estes "funcionarios" sei que hai xente de todas as correntes do BNG, incluidos moitos dos que xa marcharon. Pero o caso e apuntar a aqueles que estan comprometidos con unha causa que a alguns lles ven grande. Agora escoitamos falar de que a nosa deriva é soberanista e de esquerdas: ¡¡¡manda truco, meu!!!. Volven tirar contra nós por ser quen manter unhos ideais dende fai mais de trinta anos. Pero acaso o BNG foi de dereitas algunha vez? Acaso se creou un sindicato de clase para defender ós oligarcas? Acaso ser comunista, ainda que sexa por livre, volve estar no punto de mira de aqueles que solo crean confusión arredor dun proxecto nacionalista e de esquerdas? Acaso non sabian onde se metian aqueles que agora veñen chorimecando de que "me queren converter en comunista".
Hai que escoitar de todo estos dias. A toleria e a paranoia chega o extremo de intoxicar ( si, digo ben INTOXICAR) a aqueles mais flebes ideoloxicamente con contos de vellas luminarias onde cabe de todo. Teño escoitado:"a min non me quixeron na UPG porque a miña nai éra de Madrid"..asi, e fican tan tranquilos; pero o mal está feito.
"Sempre falades en galego e asi non hai xeito de que a xente se achegue a nós". Pois nada, teremos que facer un esforzo e poñernos as clases de inglés que é o que se leva agora.....Que non me fodan con trangalladas que solo firen os oidos. E non se trata de ser puros como ainda se atreven a arremeter contra os que ficamos no BNG. Pero hai algo que se chama IDEOLOXIA, cousa que moitos esquenceron por mor dun posto institucional e que se sempre se arrimaron as beiras do poder. E aqui xa sei que hai de todo como en botica e que ninguen se libra de dar un mal paso. E o caso do Ex-Conselleiro Fernando Blanco, actualmente imputado na Campion. Si chega o caso e se demostra a súa culpabilidade, duro con el e con todos os que  esten metidos no asunto. Pero sen esquencer que ninguen está livre de sospeita en certos casos. Pero a cousa é disparar, mostrar a diana do obxetivo, calumniar e despois agochar a man.
Pois seremos menos agora despois da marcha de algúns escapularios que pescudan unha nova carreira politica por outros barrios. Pero seremos NOS  mesmos, cos mesmos obxertivos estratexicos que fai 30 anos e seguiremos ese camiño que nos xungue ó país.Que nos leve mais tempo? Quen dixo que o camiño éra doado? Pero en eso seguimos.