domingo, 12 de fevereiro de 2012

XA ESTA BOTADA...E NON É SORTE

Antes que nada, indicar que houbo moito rebumbio por mor deste blogue, sen que eu quixera ser en ningun intre protagonista del. Parece ser que unha reseña en un dos xornais dixitais orixinou varias liortas , tendo coma protagonistas a quen fixo a encomenda e outros varios que pensaron que éra eu o autor do mesmo.
Podo acreditar que este blogue é da miña autoria persoal e de ninguen mais (xa vedes, a propiedade privada  ainda aniña no subsconciente de moitos de nós, dito esto coa propia retranca que nos é propia dos galegos) que eu; é unha paxina a que non lle prestei moito tempo por mor mesmamente do traballo cotian que me ten enchufado de mais; pero agora coido que paga a pena prestarlle mais atención.Ademais, que é algo que desexo gardar para o futuro, sen ningun afan de protagonismo. Si fora ó contrario xa o teria recomendado por aca e acola, cousa que nunca fixen.
E agora si, agora entramos no que se está a cocer no que coñecemos ainda como BNG. Fago esta entrada poucas horas antes de que se celebre a Asemblea Extraordinaria do Encontro Irmandiño onde se vai tomar a decisión de apartarse do actual BNG. Non sei si estarei trabucado ou non encol do resultado que ali se vai a dar, pero despois de ver o que se está a dar nos días posteriores a XIII Asemblea do BNG, coido que a marcha dos Irmandiños está cantada. Xa antes tomaron posicións persoeiros a nivel particular (Taboas; Bouza, Senra...) e tamén outros colectivos como Esquerda Nacionalista ( da que eu pensaba que xa estaba finiquitada fai tempo), ou o PNG. Os movementos non sei si foron coordinados ou non, mais o que si parece é que todo esto está a meter presión os de Mais Galiza no canto da celebración do seu Congreso do mes de Marzo, onde tamén se debatirá si saen ou non.
O que está claro é que o BNG que fique non vai ser o BNG que sempre coñecimos. Seguramente dentro del queden a UPG, os independentes que á apoian, o MGS, independentes que sempre estiveron na Fronte e vellos militantes que veñen da antiga AN-PG que sempre estiveron ahí.
Os que quedan, tamén quedan co nome. Por certo, quen ia decir no ano 1982 que a estas alturas todo o mundo reinvidique as siglas do BNG? Algúns ainda lembramos que o nome escollido na Asemblea de Riazor, mosqueaba a moitos dos que se incorporaron ao proxecto, por mor do antigo nome de Bloque Nacional-Popular Galego. E agora todos o queren para si. Cousas da Historia, coido.
De outra banda, serán capaces os que abandonan de crear unha nova organización, disque unitaria, para tentar estar na convocatoria das vindeiras eleccions autonomicas? Parece ser que moitos pensan que é moi doado poñer en marcha tal cousa; e cecais sexa certo si o que tentan é aproveitar as sinerxias propias de cadaquen, tal operación teria como resultado a fragmentación en dous do voto nacionalista ata o de agora monopolizado polo BNG; os resultados non estarian nada claros, ainda que dende o Encontro Irmandiño se repita por activa e pasiva que eles son capaces de atraer a milleiros de descontentos coa practica dos ultimos anos do BNG.
Pero non se trata solo de poñer uns cartaces con unha bonita foto i esperar resultados. A cousa é mais complicada do que parez. Compren cartos para ese cartaces (e quen di cartaces estoume referindo a toda a infraestructura capaz de poñer en marcha o tinglado). De onde van sair? Dos militantes e afiliados? eso non dá nin para un posto de pipas; de todos os xeitos a fragmentación do voto afectaria a uns e outros.
Cecais o BNG for quen de chegar aos 6-7 Deputados, e os novos mais ou menos o mesmo. Pero aqui entran en xogo mais cousas: acabase de publicar a Reforma Laboral do PP, cousa que lle vai pasar factura; Feijoo está queimado por todas partes a pesares de conseguir que non se aprecie desgaste na sua xestion, mais que nada pola incapacidade do BNG e do PSOE de facelo visualizar nestes intres...
Mais o que parece moi sinxelo con vistas as Autonomicas ( a victoria por goleada do PP na Galiza),parece que empeza a trastocar o escenario galego.
Oin unha nova sorprendente o xoves nunha emisora de radio: según unha enquisa do propio PP, este e nestes intres, tén perdida a maioria absoluta na Galiza. Parece ser que a cousa está nos 36-37 escanos para ó PP. Non se falaba para nada dos escanos do Psoe e o Bng; pero si que a día de hoxe, entrarian EU e UPyD no Parlamento Galego. Será un inquerito interesado? Porque Feijoo non convoca eleccións agora mesmo antes de que a Reforma Laboral lle pase factura? Porque non o fai cando os partidos da oposición estan engrellados na renovación interna, e sobretodo no Bng ainda está a cousa sen clarificar?
Si é certo o do inquerito, cecais Feijoo se tivera que botar nos brazos de UPyD (con un deputado podia facer majas), pero estes tampouco se fian moito do Feijoo, e non sei si este estaria disposto a pasar polo aro; sobretodo si sabe que entre Psoe, Bng, os novos que entraran ex-Bng e mais EU non haberia ( o meu entender) disposición para un Cuatripartito capaces de poñerse de acordo. Por suposto dou por feito que o BNG non deberia entrar en esas compoñendas e facer politica de oposición clara ó PP. Feijoo estaria na corda frouxa dia si e dia tamén. E o BNG con unha estratexia tendente a defender claramente  os intereses das clases mais desfavorecidas pola crise e pola Reforma laboral, de xeito contudente e a cara de can como xa teño dito, podiase conformar como o marco referencial e alternativo á situación actual.
Si esto o remarcamos con unha campaña a medio prazo que lle fixera tomar a iniciativa en temas tan fragantes como e o das Deputacións, a cousa cambiaria sustancialmente para o futuro.
Refirome a poñer encima da mesa a desaparición das Deputacions. Un tema candente en estes intres que tanto o PP como o Psoe non son capaces de resolver coa crise que soportamos no lombo.
Esixir a desaparición das Deputacións como iniciativa politica; ademais foi algo que sempre o BNG levou no seu programa. Para iso faria falla que todos os Deputados Provincias do BNG dimitiran dos seus postos, deixaran de cobrar por eso, evidentemente, e facelo visualizar na rúa con concentracións periodicas e mediaticas. Haberia tempo ata ó Outono para poñelo en marcha.
Seria ironico por outra banda, que agora cando o BNG se enfronta a unha crise como nunca tal tivo, apreciara a experiencia do Bipartito para decir NON a entrar en un novo Goberno Autonomico, mentres os que se van hoxe quedarian na tesitura de que facer, xa que moitos deles estarian encantados con esa posibilidade....pero de seguro que de non ser asi, lle botarian a culpa, como non a UPG.

Sem comentários:

Enviar um comentário