domingo, 19 de fevereiro de 2012

PASADO BNG? PASADO NACIONALISTA?

Tal e coma ia a cousa, cumplironse as previsións. Unha parte do BNG rachou. Outra parte fica nel. Está por ver que decide a parte de Mais Galiza, ainda que se albisca outra rachadura dentro del.
Asi, conformarase , por unha banda, un BNG menguado, e outra formación que está nestes intres conformando a súa composición. Ainda non se sabe moi ben (coido incluso que nin eles o saben) en que vai dar ese novo "Proxecto Comun". O que si está claro é que a forza mais representativa do campo nacionalista ficou esfarellado. Algúns consideran que habia que facer unha limpa dentro del; outros pode que comunguen con esa idea para ter un campo propio de xogo, pero o mal está feito; e coido que para uns e outros non é desexable unha situación como a actual.
Hai que resituarse unha decada case para ollar á evolución do BNG para chegar ó punto no que estamos.
En eses dez anos, a organización pasou estar estructurada internamente en partidos e independentes de variada ideoloxiaó que hoxe coñeciamos como "correntes" dentro do BNG. Eis cecais o punto de confrontamento que deu pé a rachadura actual.Con un "equilibrio" partidario respectuoso co esquema que se adaptou no 82 en Riazor, o BNG foi quen de alcanzar altas cotas de representación institucional e mirarse como alternativa cara unha sociedade que facia de seu esa conformación social.
Con unha cabeza visible e mediatica como Beiras xogando o papel que el mesmo se impoñia dentro do BNG, e unha "cociña" onde se pergeñaban as recetas estratexicas que marcaban o rumbo do BNG (papel da UPG nunca recoñecido, a non ser solo a parte negativa), o nacionalismo pudo xogar a ser "alguen" na Galiza, a catalizar unha parte da sociedade, a mais dinamica, que se miraba no espello de esa forza nacionalista, de esquerdas, que chegou a ser a segunda forza no país i encarar o futuro para converterse nunha opción de poder serio e real.
Unha organización de este tipo , sen medios de comunicación afins; sen unha pequena burguesia na que soster a súa ideoloxia (cousa que moitas veces esquencemos cando se reclama un partido de centro nacionalista poñendo ó ollo en Catalunya ou Euskal Herria)...ata onde podia chegar o BNG?
Nunca o saberemos.Que pasou polo medio para chegar ó de hoxe? Cecais o saibamos mais adiante, en moitos anos, cando se abran as fiestras de aqueles que estiveron no allo e conten o que hoxe non contan.
Polo medio, Beiras deixou de ser a cara visible para pasar a un segundo plano, nun movemento estratexico con vistas ó asalto futuro do goberno da Xunta.Asi como no Psoe, abriase o camiño para que o compoñente mas españolista ficara lonxe das tomas de decision do partido,no BNG tomaba forza a figura de Quintana para pilotar o Goberno da Xunta. Non sei si se botaran as contas ben dentro do BNG, e se pensaba que con este xiro podiase repetir os resultados do ano 2001 ( e decir, que o BNg seria a segunda forza por diante do Psoe) e asi  chegar en posicions de forza para facerse coa titularidade da Presidencia da Xunta. O Psoe xa tiña decidido que unha alianza co BNG con Beiras ó frente da Xunta éra inasumible para eles; incluso Quintana éra para alguns dos sectores vazquistas do Psoe unha figura da que non se fiaban. Mendez Romeu chegou a declarar en campaña que non visualizaban esa posibilidade a non ser que o Psoe fora o buque que capitaneara ese traxecto.
Ao mesmo tempo, dentro do BNG converxian novos afiliados e militantes que chegaban ó mesmo polo cheiro do poder e a moqueta. As mobilizacions do Prestige e a guerra do Irak albiscaban un cambio na Xunta e a ese tufo abriuse é porta a xente que facia do seu galeguismo á tarxeta de presentación para entrar no BNG.
Beiras, Quintana e Paco Rodriguez miranse de reollo coma artifices da xogada. A confianza entre eles perdiase cada día que pasaba.Quintana, con unha solida formación politica e coñecedor a fondo da internia do BNG, chegará a ser unha referencia na que se podia afianzar a base do BNG despois do camiño esgotado por Beiras. Quintana éra "independente" dentro do BNG, polo cal podía aglutinar todo o polo de non adscritos dende o centro-galeguismo do PNG ata a confluencia de sectores mais a esquerda da organización. Eis a xenesis da actual Mais Galiza. Quin necesitaba un apoio "organico" dentro do BNG para non depender ao 100% da UPG e contrarrestar a influencia desta.Deses intres ven o que se chamou a "ruptura" do "Clan de Allariz", conformado por Paco Garcia, Alfredo Suarez Canal e mais o propio Quintana.
O feito de que Quin quixera ir por "livre" ( é decir, situarse fora da influencia , primeiro de Beiras, e despois da UPG) fixo que chegara a confluencia con aqueles sectores mais socialdemocratas do BNG, ainda que a UPG confiaba de ser quen de controlar a situación.
Resultou, para min, clarificador que o BNG no 2005 presentara a Quintana como cabeza de cartel, xa que os resultados, con importante baixada eleitoral a pesar do Prestige e a guerra de Irak, fixo que o BNG entrara no Goberno da Xunta da man de Quin. Imposible seria si fora Beiras o que xogara ese papel. Alguen nos seus miolos pensa que Beiras seria Vicepresidente da Xunta con Touriño ao frente? . Beiras non é quen de ser segundo de a bordo con ninguen; vai na súa persoa, e iso é algo que non se pode remediar.
O que pasou a posteriori é por todos coñecido. Ainda que o ocurrido no interior do BNG está por escribir por non ter toda a información. Alguen terá que facelo no futuro.

Sem comentários:

Enviar um comentário