Din algúns que calisquer tempo pasado foi mellor. E algo no que en moitos intres da vida de cadaquen tentamos recuperar aqueles bons momentos que temos vivido en compaña dos nosos compañeiros, familia,amigos...e case sempre , despois de lembrar eses momentos, engadimos: "...si soubera o que hoxe sei".
É un camiño doado á recuperación do que fomos en comparanza co que somos hoxe.Pero tamén é certo que despois decatamonos de que esa "recuperación" é algo imposible.
Ven todo esto a conto, con algunhas das cousas que estamos a ver despois da celebración da AN do BNG de Amio. En esa mesma Asemblea, escoitei a Xose Manuel Beiras algunhas cousas que o meu corpo non deu , ainda hoxe, acougado.
"Eu, co meu coche, teño feito 80.000 Kms en un ano percorrendo o país para atopar xente que esperaba por nós para poñer en marcha ó BNG en cada localidade"..."sen cobrar un can e poñendo cartos no peto"..........(corrixo o escrito antes en este paragrafo, xa que a pesares de habelo escoitado "en vivo", agora non acredito no video que vin o reflexado antes aqui) e pido perdon si a alguen lle molestou.
Son entrecomillados que eu tamén podia lembrar, xa non no ano 1982, senon unhos antes, no 76-77-78...cando como AN-PG percorriamos (non eu solo nin moito menos, xa que habia moitos compañeiros que facian o mesmo) día a día ós lugares, aldeas e parroquias de todo ó pais para atoparnos con aqueles que estaban dispostos a poñer ó seu gran de area na construcción do país.De casa en casa, de corte en corte ata ó mellor as doce ou a unha da noite escoitando as inquedanzas, recelos e medos de cada lugar.Asi se foi forxando a forza das Comisións Labregas, logo de recoller a testemuña de aqueles precursores dos CALL ( Comites de Axuda a Loita Labrega). Eramos da AN-PG e da UPG...nunca cobramos un can, nin nunca se nos pasou polo maxin pedilo nin esixilo; entre todos poñiamos para a gasolina, o xantar; percurabamos un carro onde fose sabendo que tiñamos que devolvelo nas mesmas condicións que o colleremos de prestado; cada un poñia o que podía, sen preguntas; sen receos. Asi faciamos Kms e Kms , coa ilusión de estar sendo protagonistas de algo novo, de transmitir as inquedanzas que levabamos dentro de nós a outras persoas que estaban na busca de unha nova forma de loitar e de vivir pola dignidade de un país.
Foron moitos os que ficaron no camiño. Alguns, sobretodo ós mais vellos, foronse apartando por causas bioloxicas, pero sabendo que sempre estarian con nós.Outros, un accidente polo camiño, truncou as súas vidas; a represión tamén facia das súas, e moitos aguantaron ata onde poideron....i entre nós nunca vin unha mala palabra, unha mala ollada...sempre cara adiante, sen importar si eramos marxista-leninistas, troskistas ou maoistas...sinxelamente eramos NACIONALISTAS a pé de obra.E todo de forma colectiva, en grupo, entre todos...
E agora ven o Beiras a mostrar os seus meritos diante de moitos que nos deixamos parte da nosa vida en facer o mesmo que el reivindica, pero eso si, con moitos menos medios.Que doado é facer 80.000 kms no teu coche e con un soldo de deputado ou de catedratico.Eso fagoo eu hoxe tamén no meu coche, pero sen ter por detras un xornal fixo...é o que tén ser autonomo, que te xogas cada día a vida na estrada sen saber si chegarás a fin de mes para manter á familia.
Lembras Xose Manuel as marchas de Xove, Baldaio, As Encrobas...a campaña contra a Cuota Empresarial?? Ali estivemos moitos de nós, aforrando para pagar o bus cada domingo que habia unha reivindicación no país...asi nos chamban "O Circo": cada semana nun lugar diferente.
Pero Xose Manuel sempre antepon o "EU" ao "NOS".El é o puro, o que sempre estivo en primeira liña, cando os demais estabamos a botar a siesta. Incluso cando se trata das feroces campañas da dereita contra o BNG, Xose Manuel tén que lembrarnos que a campaña mediatica contra o Bipartito, ainda sendo suxa según el, non tén nada que ver coa que tivo que aturar el cando éra a cabeza visible do BNG.O seguinte texto está recollido de un artigo de Xose Manuel publicado en "Galicia Hoxe" e que leva por titulo "Pois Non":
"Só outra pequena mostra: o lerio da "campaña sucia". Claro que o foi: suxa, porca, porcallenta, fedorenta -acabo de referirme a ela sen denominala así. Mais dicir que foi a máis "sucia" que se recorda revela unha amnesia incomprensíbel. Porque o BNG leva padecido campañas porcallentas da dereita fascistizante ao longo dos anos oitenta completos e boa parte dos noventa. Falsidades pezoñentas, acusacións aldraxentas, descualificacións atroces. Queimabamos os montes, iamos expropiarlles as terras e até as vacas aos labregos, eramos secuaces de ETA, foramos ás eleicións europeas con HB e así seguido: dende Augusto Assía e Victoria Armesto, primeiro, até Rajoy e Fraga despois, guindábannos todos iles e moitos máis esas infames patrañas sen que ninguén as desmentise, sen que ningún "medio" nin ningunha voz pública tivese a decencia de saírlles ao paso -polo contra, retransmitíanas impertérritos. Fraga chegou a dicir do Beiras que confiaba en que os galegos non puxesen os seus destinos nas mans dun tolo, e as súas pezoñentas palabras foron titulares".
Pois ben , todo o que explica Xose Manuel, agás o de Fraga (con quen por certo, hai que lembrar que estivo a cear en varias ocasions, ocasionando un barullo que todos lembramos), foi utilizado polo enemigo, de certo que si; pero non foi nos anos 80 e parte dos 90 como indica el. A cousa xa viña dos anos 70, en concreto do 77 e 78 cando se empezaba a visibilizar a AN-PG na sociedade e na rúa.Sobre todo lembro o verán do 78 cando cada día eramos os que queimabamos os montes, e seguiamos a ter relacións, xa non con Herri Batasuna, senon con ETA.Eramos o demo con cornos e rabo todos os días na prensa. E por suposto que lle queriamos quitar as vacas os paisanos..e as terras...porque os comunistas estabamos detras de todo aquelo.Mirade agora quenes foron os comunistas que deixaron sen vacas os nosos labregos: a Union Europea na sua facciona mais terrorifica que poideramos imaxinar. Pero coma dixen mais arriba, esto non pasou como o conta Xose Manuel; non foron aqueles anos; daquela esa campaña contra a AN-PG, fixo que nos mostraramos mais fortes ainda; de tal xeito que lembro que unha delegación (coido que da UPG) presentouse na redacción central de La Coz de Galicia esixindo que se retractase de toda acusación de queimar o monte, ou senon que presentase as probas no Xulgado.Era o ano 77 coido, e naquela delegación non estaba Xose Manuel.
E por suposto, despois de pasar aqueles anos, para min ver a campaña suxa do 2009 contra o BNG non tén nin comparación coa daqueles anos;por moito que queiramos convencer os demais de que "Eu estiven ali".
É o que tén a "amnesia incomprensible".
Sen resquemos ningún, pero coa verdade por diante.
Sem comentários:
Enviar um comentário