domingo, 5 de fevereiro de 2012

E AGORA QUE?

Pois pasou a XIII Asemblea Nacional do BNG, e dias despois ainda non se pousou o que ali se decideu.
Supoño que todos saberedes xa os resultados do que ali aconteceu. Moitos afiliados e militantes pasaron dous dias analizando, discutindo e debatendo as propostas para o futuro que o BNG tén que ser quen de levar adiante.
Como resumo, podemos decir por unha banda que houbo moita participación dos militantes cando se tratou de escoller os nomes de quen seran o Voceiro Nacional e o candidato a Xunta de Galiza; moita menos cando se trataba de debater os documentos base que rexiran os vindeiros anos do BNG.Duas propostas e tres forzas polo medio. Os resultados dos documentos aprobados chegan caseque a un 70% de votos afirmativos; pola contra as forzas medironse ó final coas duas votacións nas que entraban os nomes.Pouca diferencia entre uns e outros, precisando unha segunda volta cando se tratou de escoller entre Guillerme e Xose Manuel.
24 postos no Consello Nacional para APU; 23 para +Galiza e o Encontro Irmandiño; 3 para o MGS.
7 postos na Executiva para APU e +Galiza-EI; 1 para o MGS.
Os números reflexan a división que se produxo entre as forzas representadas dentro do BNG.Agora queda o mais dificil: facer compaxinar esa diversidade coa unidade interna do BNG. Coido que para o BNG foi o mellor que lle pudo pasar. Xa sabemos as forzas de cada un; sabemos o que representan internamente cada quen; e de ahí tén que sair a forza necesaria par que todos dirixamos o barco a boas augas, non para facelo encallar.A suma poda dar mais forzas o total de todos. A resta vai deixar un regueiro de cadavres na cuneta que seran irrecuperabeis.50-50, eis a forza conxunta do BNG; moito mellor que 70-30, onde seguramente ninguen estaria disposto a ceder do seu, for quen for.
Da Asemblea sae un Consello Nacional e unha Executiva xa de por si integradora.Estan todas as sensibilidades representadas, como tén que ser.Ahí, volvo remarcalo, está a forza do BNG.
Dos documentos aprobados suliñar a estratexia futura da organización para o futuro. O rumbo vai ser outro; non pode ser de outro xeito despois de que a militancia falara; Cecais, e algúns non se decataron desto, sexa unha volta as orixenes do BNG, da famosa Asemblea de Riazor do 82 que tanto Xose Manuel reclamou en esta Asemblea.Porque o BNG cando naceu fixo conhas marcas propias dentro do panorama politico galego daquela. Foi un proxecto NACIONALISTA  e de ESQUERDAS claro na súa fundación; aberto a todas as confluencias que tiñan un denominador común naquel tempo.Autodeterminación e defensa das capas populares galegas, eis os fundamentos da orixe do BNG. E eso hoxe podese recuperar cos documentos aprobados na XIII Asemblea.
Pasaron os tempos dos posibilismos e a inanición de unha organización aberta a todos, que deu pé a que no seu interior se discutise moito e se fixera menos; algúns pensaron nun determinado intre que todo estaba feito cando o BNG se converteu na segunda forza de Galiza; que os votos seguirian a ser mais cada vez e que para eso cumpria "abrirse" mais á sociedade galega; para iso éra necesario darlle mais cancha no terreo de xogo ó marco autonomico que xa estaba esfarellado daquela, que non habia por onde collelo; para eso cumpria "abrazar" e "cear" con quen daquela éra o Presidente da Xunta, que por certo "ia queimalo en seis meses"no ano 89... e asi iase esvaindo a idea orixinaria do BNG e dando entrada a toda unha chea de persoaxes sen ideoloxia Nacional nin de País. Xente que agora, neste intre, pide que se quite da bandeira da nosa organización a "estrela comunista"?.
Temos unha eiva evidente no noso país: a falla de conciencia nacional por grande parte do noso povo; a colonización economica, social e cultural imposta dende a metropoli , encuberta sutilmente por unha "presunta" libertade de mercado, a globalización imposta a nivel internacional polo liberalismo economico...e todas as receitas coas que temos que tragar fai que a mensaxe liberadora con unha optica nacional fique esvaída naquelas capas a quen a nosa idea nacioanl vai dirixida.
Temos moito traballo por diante; e mais que teremos todos os dias con que nos ven enrriba por mor das politicas de recurte e axuste que a Unión Europea demanda a todos os seus socios. O choque é inevitable entre unha clase dirixente en mans das grandes transaccionais e os novos "zares" dos mercados e unhas clases populares constantemente agredidas nos seus intereses. Ahi é onde o BNG tén o seu espazo; agudizando esas contradiccions no seu das clases dirixentes e poñendo en pé solucións e o enfrontamento a "cara de can" na defensa do noso país e as clases populares. A historia vainolo reclamar no futuro, e ali teremos que estar, todos XUNTOS nos que acreditamos nas nosas ideas. Si alguen se baixa do carro, teremos un problema evidente, pero tamén a historia llo reclamará no seu intre.

Sem comentários:

Enviar um comentário