Parece como si houbera unha tregua nos últimos días despois do estoupido de opinions creados a partires da XIII AN do BNG. Agora toca debullar o que está a pasar e acontecer no eido nacionalista.
Nestes días de fragor e loita mediatica e internautica, moitas foron as voces chamando a cordura polas duas bandas. Nos xornais, veña dia si e dia tamén , ofrecendo novas (caseque todas interesadas) de que éra unha loita fraticida na que non había mais que perdedores. En este caso podemos estar de acordo; o malo é cando se quer ser parte para destruir todo.
Na rede de internet, a cousa é mais difusa, xa que por aqui pululamos xente de toda caste; persoal anonimo que cecais nun "face to face" non foramos quen nin de dar a hora, non nos foramos trabucar de agulla.
De todos os xeitos, na rede de redes podese coller de aqui e de acola opinions para todos os gustos. Aparte os insultos e malas formas en boa parte do que di o persoal (realmente da noxo moitas veces leer o que din uns e outros no anonimato), quedariame con tres feitos nos que agroman alguns dos eixes fundamentais que estes dias pululan pola Rede.
1.-PARTIDO NACIONALISTA DE CENTRO.
Unha teima que aparece a cotian nas opinions de moitos internautas. necesitase un partido nacionalista que acolla dende o centr-dereita ata o centro-esquerda. Moitas veces toman coma referencia o caso de COALICION GALEGA, como si este partido houbera representado no seu tempo o que seria unha referencia NACIONALISTA seria. Hai que lembrar que CG nasceu dos restos do naufraxio de UCD (que moito de nacionalista non tiña, ou?), que a este proxeto unironse dende vellos nacionalistas (os menos, como Pousa Antelo) do P. Paleguista, ata liberais como Meilan Gil , Garcia Agudin, e unha chea de "independentes" con un catalizador común: Euloxio Gomez Franqueira.Con unha rede cliantelar e caciquil en Ourense e Lugo, CG non foi quen de erixirse estratexicamente como Nacionalista de orientación, ainda que for centrista, xa que a formulación que sempre tivo en mente éra a recurrente cantinela de "O mellor para Galicia, sen esquencer que estamos en España". Cecais esta indefinición e mais o papel xogado na moción de censura contra Albor no 87, fixo que dous anos despois CG case desaparecera do mapa politico galego. Caseque todos os dirixentes remataron no PP anos despois; algúns marcharon para a casa e outros poucos entraron no BNG da man do PNG.
Existe sitio para un partido centrista na Galiza? Coido que coa estructura social existente no noso país, é algo abocado o fracaso. Por unha banda, a conciencia Nacional no país é feble de por si mesma.A pequena burguesia galega é caseque inexistente, e ademais perfectamente representada no PP nas súas ansias de medre economico e social.O galeguismo cultural sigue a estar representado "oficialmente" no PP, ofrecendo a esta caste todo o que ela necesita.Non existe no noso país quen sexa capaz de poñer en marcha un proxecto mediatico nidiamente NACIONALISTA, día a día, creando opinión nacionalista en esa masa que se agocha debaixo do exposto moitas veces por Fraga: "Galicia, si; pero primeiro España". Non hai mais que ir pola rúa: as camisetas de "Soy español" , "A por ellos...", "La Roja", nikis coa bandeira española no pescozo; carros coa mesma bandeira....son detalles que nun país con unha forte presencia de conciencia nacional, non ocurren ...nin se lle ocurre.
Asi que si siguen teimando por ese camiño da creacion de un partido nacionalista de centro, ojalla este trabucado, pero coido que non hai moito que andar.
2.-SIMBOLOS NACIONAIS.
Aqui si que levei unha sorpresa. Nunca pensei que esto ocurriria no BNG, ou en calquera organización nacionalista que se preze de seu.
Moitos dos internautas da rede, reclaman que desapareza da bandeira do BNG, "a estrela vermella comunista"........manda carallooooooooooo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡. A estrela vermella, como saben caseque todo o mundo, representa a loita de liberación dos pobos oprimidos, e non é nigún simbolo comunista. Xa o PP tentou prohibir que a bandeira galega non tivera ningún simbolo nela, pero recuou. Outra cousa e que a nivel oficial (por exemplo no despacho dun alcalde do BNG) este a bandeira galega sen ningun simbolo, obviamente.
Tamén se teñen escoitado voces reclamando que a defensa do galego é unha loita inutil e que incluso se deberian de facer declaracións públicas en español para non dar unha imaxe tan radical do BNG.
Frases, como " a nosa Comunidade Autonoma"..."España, o noso pais, ainda que eu son galego"..., ou casos como "O Psoe é o menos malo para España, e vou votalo ainda que son nacionalista"...salen das bocas de moitos compañeiros "nacionalistas" do BNG. Co que nos costou apropiarnos de un vocabulario propiamente NACIONALISTA para distinguirnos do galeguismo cultureta, agora veñen os aproveitados de sempre a dar leccións. Esto seguramente proven de cando se abriu a porta a entrada masiva de afiliados en canto se albiscaba unha posición de Poder na Xunta de Galiza, e seguramente o prezo que teñamos que pagar a ese "descuido".
3.-A XUNTA PERDEUSE EN FERROL. 3364.
Esta é unha das frases mais recurrentes nos derradeiros días para pasarlle polos fuciños á UPG o seu "papel" no conflicto de REGANOSA.Postura que algún día a U terá que explicar os porques e os comos para tomar unha decisión que provocou posturas enfrontadas e malestar nunha ampla capa da militancia do BNG.
Tomando como referencia os datos das eleccións do ano 2009, a meirande parte das posturas criticas e incluso non tan criticas, veñen a incidir que a baixada de votos en Ferrolterra, posibilitou a perda de un deputado e asimenso a Xunta de Galiza. I é curioso, porque moitos dos que asi falan, botan en cara ese feito cando eles mesmos non votaron ó BNG, abstendose ou votando nulo.
Ven, imos por partes.Coido que non foi en A Coruña (que si se perdeu un deputado) onde se perderon as Eleccións. Na provincia de A Coruña perderonse en relación ó ano 2005 32.495 votos, repartidos por todo ese territorio de forma mais ou menos homoxenea.En ese ano fora a única provincia onde se acadara un quinto deputado, sendo Pontevedra catro, e as duas do interior 2 en cada unha delas.
Sabendo que xa a baixada eleitoral viña de lonxe (en concreto do 97 ó 2001, en A Coruña, perderanse 49.000 votos en eses catro anos), ainda que coa esperanza que siñificaba o feito de estar co-dirixindo a Xunta, podiase albiscar o mantemento do 5º deputado si as cousas foran a ben. Pero non se contou con a campaña mais suxa por parte dos medios de comunicación e forzas facticas economicas interesadas en trocar o rumbo da Xunta de Galiza. Asi, todo facia presaxiar que a cousa estaba moi axustada.pero eses 32500 votos foi a esfarelamento que rematou con todo.
Non foi asi en Ourense, onde o BNG mantivo caseque todo o seu potencial eleitoral incluso con unha abstención que baixou do 30%. En Ourense confluiron varias cuestions que fixeron trocar o rumbo da Historia de Galiza.
A mala imaxe dada polos concelleiros nacionalistas na capital; primeiro a dimisión de quen foi o seu cabeza de lista (mal visto en xeral na cidade pola súa prepotencia) e despois de novo a demisión de dous concelleiros mais por mor do asunto dos cartazes, expuxo a imaxe do BNG a piques de deixalo fora de xogo. Si a este lle unimos a campaña desenrolada contra SEAGA ( da Conselleria de Medio Rural) no que estaban implicados afiliados e militantes daquela no BNG, xa tiñamos a excusa perfecta para non VOTAR ó BNG. Campaña que foi amplamente acrecentada tanto nos medios de comunicación como no boca a boca particular dos quintacolumnistas da organización. Si a esto lle engadimos a campaña de "Galiza non se Vende" e algunha outra mais que solo facia un "totum revolutum", chegamos a idea de que todo o traballo organizativo desenrolado no rural ourensan, e na que tivo un destacado papel o Quin, foise ó carallo.
A pesares de todo esto, en Ourense facian falla 3364 votos para acadar o terceiro deputado e asi compensar á perda do de Coruña.3364.Moitos terán que explicalo cando agora se laian de que o PP gañara as eleccions dese ano. 3364 repito...que estaban na man sinon for por aqueles que lle botaron lume a todo ó traballo feito nos derradeiros catro anos.3364...unha cifra que algúns non esquenceremos nunca.
Sem comentários:
Enviar um comentário